CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE TORDOIA 2012


DATOS DE LA PRUEBA DEPORTIVA

A Carreira Popular Pedestre de Tordoia chega este ano a súa cuarta edición plenamente consolidada como unha proba de referencia na comarca e que nesta edición celebrarase en Seixán o vindeiro sábado, 7 de xullo. Na organización apuran xa os últimos días para a formalización das inscricións, completamente de balde e cuxo prazo remata o vindeiro mércores, 4 de xullo. Desde o Concello de Tordoia anímase aos veciños a participar nesta iniciativa que segue creando afección deportiva no municipio, promovida pola Comisión de Festas de Cabaleiros, Atlética a Silva, Dist-Re Piñeiro (PEPSI), Casa Grande de Xanceda, Majuca, panadería Cancela e os veciños/as de Tordoia.

Con saída e meta en Seixán (Cabaleiros), a proba terá un percorrido de 6.880 metros por toda a parroquia de Cabaleiros. A proba contará con doce categorías de idade, con distancias adaptadas a cada unha delas, desde os máis cativos en categoría ‘chupete’, que non pasarán dos 100 metros, ata os catro grupos de veteráns, que farán o percorrido completo, cunha previsión de rematar contra ás 22 horas. A carreira está aberta tanto a corredores federados como non federados, cunha única clasificación conxunta.

A organización outorgará trofeos aos tres primeiros de cata grupo de idade, en categorías masculina e feminina. Do mesmo xeito, haberá un trofeo para os mellores corredor e corredora de Tordoia. E para todos os participantes haberá camisolas conmemorativas. A inscrición estará aberta na Casa da Cultura ata as 20 horas do mércores aínda que os interesados tamén se poderán anotar a través do teléfono 981 683 006 ou no enderezo electrónico kpomba@hotmail.com facendo constar os seguintes datos: Nome e Apelidos, DNI, data de nacemento, clube e licencia federativa (se a ten), localidade de procedencia e teléfono de contacto ou correo electrónico. O prazo de inscrición finalizará o dia 4 de xullo ás 20:00 horas. Non se farán inscricións no día da proba e tampouco se admitirán inscricións incompletas.
LOCALIZACION: TORDOIA
PROVINCIA: A CORUÑA
COMUNIDAD AUTONOMA GALICIA
DIA: 07/07/2012
MODALIDAD: CARRERA




KILOMETROS: 7




CUANDO ESTE DISPONIBLE PODRÁ CONSULTAR LA CLASIFICACION AQUÍ


COMO LLEGAR A TORDOIA

Ver mapa más grande

0 comments :

Publicar un comentario

Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.